Esquerda Unida de Fene aplaude a actitude do Alcalde e do equipo de goberno na conxelación dos salarios, o que non esta de acordo e que se contraten a tres persoas de confianza para complementar o traballo técnico do Concello, con persoal de xestión política. ou ¿Comisarios políticos? ¿Para que están os grupos políticos?

Esquerda Unida quere recordar que cando na lexislatura pasada se propuxo polo grupo de goberno do BNG poñer unha persoa de apoio ao Alcalde, os tres grupos, PSOE, PP e EU o rexeitaron na Comisión que se tratou o asunto, e que os argumentos que naquel momento se deron eran que non era necesario e que había traballadores dentro do Concello que podían desenvolver esa función. Esquerda Unida segue manténdose naquela idea, que para nos os traballadores do Concello son excelentes profesionais, que ata o día de hoxe demostraron que son bos e que desde EU-IU se teñen que darlle un cualificativo daríanlles un notable alto, traballadores que poden perfectamente desenvolver esas funcións, e que se antes no grupo de goberno había sete persoas e agora hai doce. Votando números saen case cento trinta e catro mil euros a maiores e que iso supón , nin máis nin menos que vintedous millóns duascentas noventa mil pesetas, iso supón que a cada veciño, por esta xogada, sáenlle mil cincocentas pesetas. !Una taxa mais¡

De todas maneiras Esquerda Unida de Fene, quere facer público e que queden as cousas claras que tampouco esta de acordo cas actitudes similares tomas por esta forza política en outros concellos.

A economía do concello non esta para facer estes tipos de equilibrios financieinos, que lles permita mellorar a calidade de vida dos veciños, entendemos que todo o contrario. Cando nos presentamos xa sabiamos máis ou menos o que había, e estamos de acordo que ninguén ten que perder cartos, para iso temos un bo funcionariado.

Fene, 14 novembro do 2007-11-14