EXPOSICION DE MOTIVOS:

Os últimos meses distintos colectivos da Comarca de Ferroltera veñen amosando as consecuencias do conflicto provocado pola localización dunha Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol. Os viciños e viciñas de Mugardos pechados no Concello desde o pasado 23 de Xullo, porque ven ameazadas as súas vivendas; os maricadores/as que ven ameazados os seus posto de traballo co impacto ambiental negativo da tecnoloxia de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA, e a paralización da actividade marisqueira cando entra ou sae un gaseiro. Ademais, esta a denuncia en varios frentee (xudicial, institutcional, asociativo, etc.) que parte da cidadania desta comarca, co Comité Cidadá de Emerxencia ao frente que se ven desenvolvendo desde o ano 2000. Todos isto por estar no convencimento de que, REGANOSA é unha ameaza para a vida de 100000 persoas, é tamén ameaza a riqueza marisqueira da Ría de Ferrol.

Estas actuación veñen sendo apoiadas por gran cantidade de persoas de Ferrolterrra, de Galicia e do Estado que comproban tristemente como os intereses económicos dun grupo empresarial privado priman sobre as leis a costa de ameazar a vida human, a riqueza natural, turistica e patrimonial da Ría de Ferrol. O Concello-Pleno de Fene ten amosado xa a súa posición de que a Planta de Gas se ubique no lugar previsto desde o ano 1994 no Porto Exterior de Cabo Prioriño, segundo as alegación aprobadas na sesión extraordinaria da Corporación Municipal de Fene do 28 de Xuño de 2001, presentadas na Subdelegación do goberno de A Coruña, na información pública segun o anuncio do BOP nº. 108 de 5 de Maio de 2001.

REGANOSA, non ten dolo-los permisos, carece da licencia de funcionamento definitivo ou acta de explotación comercial que ten obligación de solicitar según o Artigo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de Decembro, e que non pode recibir porque sua autorización de contrucción de 2004 ten condicionados imposibles de resolver coa localización dentro da Ría de Ferrol, entre eles: as distancias a poboación que require o Articulo12 do Real Decreto 1254/99 ou Directiva Seveso 11, segundo testemuña o informe de 22 de Xaneiro de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, así mesmo a saida ao mar dos gaseiros en caso de emerxencia, segundo require a norma EN-1532 de obrigada aplicación tal e como testemuña outro condicionado da Autoridade Portuaria de Ferrol nos seus informes de Octubro de 2001 e Xaneiro de 2004

Por todo iso o Grupo Municipal de EU-IU de Fene, solicita a aprobacion polo Pleno do seguinte:

1.- O Pleno do Concello de Fene amosa a súa solidaridade cos veciños da Plataforma de Mehá pechados na Casa do Concello de Mugardos na defensa das súa reivindicacións, e tamen cos mariscadores na defensa dos seus posto de traballo e da riqueza marisqueira da Ría de Ferrol.

2.- O Pleno se adhiere a manifestación convodada por diferentes colectivos civicos a celebrar en Ferrol o vindeiro 30 de Setembro, co fin de recabar ó Gobernos Central que ten competencias para decidir, que non sexa aprobada o acta de funcionamento definitivo de REGANOSA en base a eses condicionados non resoltos