Concello


Concello14 Xan 2008 08:55 p.m.

ESQUERDA UNIDA DE FENE. ANUNCIA O LANZAMENTO DUNHA PAXINA WEB DA ORGANIZACION, DITA PAXINA SE FIXO EN COLABORACION CON TODOS O MILITANTES PARA INFORMAR O POBO DE FENE DOS TRABALLOS DE ESQUERDA UNIDA-IZQUIERDA UNIDA, E FOMENTAR A PARTICIPACION PARA DINAMIZAR E MELLORAR O NOSO TRABALLO.

DITA WEB E:

http://www.eu-iufene.com/

Concello12 Dec 2007 12:12 p.m.

Esquerda Unida levou o pleno do 4 de Outono as seguintes preguntas:

  1. Qué o recheo do campo dos eucaliptos no camiño de Maroño, a pesar de paralizar a licencia por verter máis do permitido a empresa segue a botar máis escombros
  2. Sobre as obras do ascensor da Casa Consistorial, queremos saber de quen e a responsabilidade de que esta obra leven tanto retraso, o cal esta a prexudicar a moitas persoas en especial os maiores e minusválidos que estanse atopando con moitas dificultades para realizar xestións no Concello.
  3. En canto ás ordenanzas do ano pasado, quedaron dúas e non se tocaron: auga e alcantarillado, queremos saber en qué situación se atopan a negociación con Ferro para o prezo da auga e a famosa reunión con Aquagest.
Concello14 Nov 2007 01:45 p.m.

Esquerda Unida de Fene aplaude a actitude do Alcalde e do equipo de goberno na conxelación dos salarios, o que non esta de acordo e que se contraten a tres persoas de confianza para complementar o traballo técnico do Concello, con persoal de xestión política. ou ¿Comisarios políticos? ¿Para que están os grupos políticos?

Esquerda Unida quere recordar que cando na lexislatura pasada se propuxo polo grupo de goberno do BNG poñer unha persoa de apoio ao Alcalde, os tres grupos, PSOE, PP e EU o rexeitaron na Comisión que se tratou o asunto, e que os argumentos que naquel momento se deron eran que non era necesario e que había traballadores dentro do Concello que podían desenvolver esa función. Esquerda Unida segue manténdose naquela idea, que para nos os traballadores do Concello son excelentes profesionais, que ata o día de hoxe demostraron que son bos e que desde EU-IU se teñen que darlle un cualificativo daríanlles un notable alto, traballadores que poden perfectamente desenvolver esas funcións, e que se antes no grupo de goberno había sete persoas e agora hai doce. Votando números saen case cento trinta e catro mil euros a maiores e que iso supón , nin máis nin menos que vintedous millóns duascentas noventa mil pesetas, iso supón que a cada veciño, por esta xogada, sáenlle mil cincocentas pesetas. !Una taxa mais¡

De todas maneiras Esquerda Unida de Fene, quere facer público e que queden as cousas claras que tampouco esta de acordo cas actitudes similares tomas por esta forza política en outros concellos.

A economía do concello non esta para facer estes tipos de equilibrios financieinos, que lles permita mellorar a calidade de vida dos veciños, entendemos que todo o contrario. Cando nos presentamos xa sabiamos máis ou menos o que había, e estamos de acordo que ninguén ten que perder cartos, para iso temos un bo funcionariado.

Fene, 14 novembro do 2007-11-14

Concello28 Out 2007 12:29 p.m.

1979 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso (BNG)

1983 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso (BNG)

1987 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso (BNG)

  • BNG (Bloque Nacionalista Galego) → 4.697 votos (62,12%) 13 concelleiros/as
  • PSdeG-PSOE (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) → 692 votos (09,15%) 2 concelleiros/as
  • AP (Federación de Partidos de Alianza Popular) → 691 votos (09,14%) 1 concelleiro
  • TG-UC (Part. dos Traballadores de Galiza) → 440 votos (05,82%) 1 concelleiros

1991 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso (BNG)

  • BNG (Bloque Nacionalista Galego) → 3.458 votos (47,43%) 9 concelleiros/as
  • PSdeG-PSOE (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) → 1.452 votos (19,91%) 3 concelleiros/as
  • PP (Partido Popular) → 839 votos (11,51%) 2 concelleiros/as
  • CIF (Independentes) → 504 votos (06,91%) 1 concelleiro
  • EU (Esquerda Unida) → 428 votos (05,87%) 1 concelleiro
  • PSG-EG (Partido socialista galego-Esquerda Galega) → 409 votos (05,61%) 1 concelleiro

Participación: 58,88%

1995 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso (BNG)

  • BNG (Bloque Nacionalista Galego) → 3.958 votos (49,44%) 9 concelleiros/as
  • PP (Partido Popular) → 1.535 votos (19,17%) 3 concelleiros/as
  • PSdeG-PSOE (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) → 1.020 votos (12,74%) 2 concelleiros/as
  • EU-EG (Esquerda Unida-Izquierda Unida) → 832 votos (10,39%) 2 concelleiros/as
  • FI (Formación independente) → 518 votos (06,47%) 1 concelleiro

Participación: 63,57%

1999 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso (BNG)

  • BNG (Bloque Nacionalista Galego) → 3.804 votos (49,03%) 9 concelleiros/as
  • PP (Partido Popular) → 1.502 votos (19,36%) 3 concelleiros/as
  • PSdeG-PSOE (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) → 1.214 votos (15,65%) 3 concelleiros/as
  • EU-IU (Esquerda Unida-Izquierda Unida) → 1.053 votos (13,57%) 2 concelleiros/as

Participación: 60,27%

2003 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso (BNG)

  • BNG (Bloque Nacionalista Galego) 3.270 votos (40,23%) 7 concelleiros/as
  • PSdeG-PSOE (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) → 2.238 votos (27,53%) 5 concelleiros/as
  • PP (Partido Popular) →1.704 votos (20,96%) 4 concelleiras
  • EU-IU (Esquerda Unida-Izquierda Unida) →655 votos (08,06%) 1 concelleiro

Participación: 64,12%

2007 Alcalde: Iván Puentes Rivera (PSdeG-PSOE)

  • PSdeG-PSOE (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) → 2.878 votos (36,31%) 7 concelleiros/as
  • BNG (Bloque Nacionalista Galego) → 2.105 votos (26,56%) 5 concelleiros/as
  • PP (Partido Popular) → 1.945 votos (24,54%) 4 concelleiros/as
  • EU-IU (Esquerda Unida-Izquierda Unida) → 497 votos (06,27%) 1 concelleiro
  • TEGA (Terra Galega) → 285 votos (03,60%) 0 concelleiros/as

Participación: 65,25%

Concello04 Set 2007 12:40 p.m.

Deseño do Concello para o mantemento futuro, tendo en conta que as persoas do maña terán que soster economicamente o Concello que definamos hoxe. Hai que escapar do electoralismo e deseñar o Concello posible. Reparto desde os principios de equidade, progresividade e responsabilidade fiscal do presuposto segundo os núcleos de poboación, e contención do gasto, especialmente o superfluo. Lee o resto da noticia »