16 de Abril do 2009

O Consello Local de Esquerda Unida de Fene, quere denunciar a situación laboral na que se atopan dous traballadores da Empresa “MONTAXES CABRAL, S.L.”, auxiliar interna de Navantia (Fene), antes Astano, que dende hai máis de un mes agardan unha solución á súa situación laboral nas portas do estaleiro Astano.

Estes dous traballadores que están acollidos aos acordos de reconversión do Sector Naval do ano 1978, e veñen desenvolvendo o seu traballo dun xeito ininterrompido dende o ano 1975 nas instalacións de Navantia, viven unha situación laboral inxusta , logo de que o resto da plantilla da Empresa Montaxes Cabral, S.L. se acolleran á xubilación anticipada en virtude do R.D. 1271/1984, sobre medidas da reconversión naval, dado que estes dous traballadores no 2004 non tiñan os 52 anos, os deixan sen protección.

Atendendo a inxustiza que se está a cometer con este dous traballadores, e manifestando o noso apoio incondicional, o Grupo Municipal de E.U.-I.U. vai presentar unha moción no vindeiro pleno do Concello de Fene, para que dun xeito inmediato se recoñezan os dereitos adquirido polos dos traballadores que levan 34 anos traballando única e exclusivamente para Navantia (Fene), antes ASTANO, e xe lles de unha solución xusta a súa situación laboral nas mesmas condicións nas que tiñan, categoría, salario, antigüidade ,etc.

Así mesmo solicitamos as forzas sindicais e comité de empresa, un apio maior e solidario con este dos asalariados, dado que empresa nos deixa nin entrar o Comité Empresa.

Fdo Jesus Mª. Sanamrtin Rodriguez